RCA205. Acceso aos criterios de recoñecemento de prestacións por desemprego
RESUMO
Unha cidadá presentou solicitude de acceso ao Servizo Publico de Emprego Estatal do Ministerio de Traballo e Economía Social para conseguir o acceso ás instrucións xerais sobre prestacións e aos criterios de recoñecemento das súas propias prestacións, incluíndo a prestación do ano 2014.
A Administración concedeu o acceso parcial, denegando o pedimento dos criterios de recoñecemento da prestación da interesada, de acordo con o apartado 1 da disposición adicional primeira, da Lei 19/2013, do 9 de decembro.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno desestimouna co argumento de que, máis aló das controversias de índole particular nas que se atope inmersa a reclamante coa Administración recorrida, consideramos que a LTAIBG ten por obxectivo garantir o interese xeral no coñecemento e control dos organismos suxeitos á mesma mediante a rendición de contas pola súa actuación. Este obxectivo, a xuízo do Consello de Transparencia, queda alcanzado pola resposta obtida. Ademais, a reclamante ten ao seu dispor as vías de recursos aplicables aos procedementos nos que é interesada, cuxa continuidade non podemos refugar se temos en conta os prazos para a interposición e resolución de recursos, administrativos e xudiciais, que serían de aplicación.