Un cidadán presentou unha solicitude de información ante o MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTE, solicitando acceso o detalle de todos e cada un dos controis antidopaxe realizados desde o 1 de xaneiro de 2011 á actualidade.
A Administración concedeu o acceso parcialmente, invocando a protección de datos persoais especialmente protexidos e facilitando información xeral sobre que as autorizacións que lle competen de ámbito nacional por sustancia e dose e facilitando un arquivo cos datos totais – agregados e disociados- por deporte, sexo e principio activo.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna parcialmente, instando o Ministerio a facilitar a información requirida que se atope no seu poder desde o ano 2014, debidamente anonimizada, de modo que se impida a identificación das persoas afectadas e respectando o principio de proporcionalidade.