Recorrente: Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB)
Resolución recorrida: R/0307/2022
En exercicio do seu dereito de acceso á información, unha cidadá presentou escrito ante o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB), adscrito ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, solicitando diversos datos sobre os inmobles que posúe a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (SAREB) na Comunidade Autónoma de Cataluña.
A Administración ditou resolución denegando o acceso ao non considerar a solicitude dentro do concepto de información pública do artigo 13 LTAIBG, por canto non se trata de documentos que obren no seu poder, elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións, e tendo en conta que non procede remitir a solicitude á SAREB, ao non atoparse esta dentro do ámbito de aplicación subxectivo da LTAIBG.
Presentada reclamación con arranxo ao artigo 24 LTAIBG, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estímaa parcialmente, ao considerar á SAREB dentro do ámbito de aplicación da LTAIBG, e ,en consecuencia, ordena que se lle remita a solicitude de información referida ás propiedades que posúe a mencionada sociedade en Cataluña.