Recorrente: Asociación Eleuteria Liberdades e Dereitos Fundamentais
Resolución recorrida: R CTBG 0121/2025
En exercicio do dereito de acceso á información pública, solicitouse ao MINISTERIO DE SANIDADE, o acceso a información relativa ás farmacéuticas ás que se lles comprou vacinas contra o coronavirus, o seu custo e a cantidade de doses adquiridas.
O Ministerio requirido dita resolución na que acorda conceder acceso parcial á información solicitada. A denegación dunha parte do solicitado realízase pola aplicación dos límites de acceso á información ao abeiro das causas previstas no artigo 14.1 h), j) e k) de LTAIBG, xa que se alega un prexuízo aos intereses económicos e comerciais, ao segredo profesional e á garantía da confidencialidade nos procesos de toma de decisión.
O Consello inadmite a reclamación por extemporánea, sinalando que se incumpriu o prazo previsto no artigo 20.1 LTAIBG. A resolución do Ministerio é notificada o día 23 de decembro de 2024, tendo acceso a ela o reclamante ese mesmo día, polo que o prazo para interpor a reclamación finalizaba o 23 de xaneiro de 2025. A reclamación preséntase no rexistro electrónico deste Consello o 24 de xaneiro de 2025.