24. Información relativa a órganos internos do Colexio oficial de Enfermaría de Madrid.
RESUMO
Solicitude de dereito de acceso dirixida ao Colexio oficial de Enfermaría de Madrid, con obxecto de obter copia das actas da xunta xeral da xunta de goberno e da comisión permanente correspondentes aos anos 2015, 2016, 2017 e 2018.
Transcorrido o prazo legalmente establecido sen obter contestación á súa solicitude de acceso á información, a persoa interesada enténdea desestimada por silencio administrativo e interpón unha reclamación ao abeiro do artigo 24 da Lei de Transparencia, acceso á información e bo goberno.
O Consello de Transparencia e Bo Goberno estima a reclamación exposta por canto considera que a información solicitada ten a condición de información pública. En consecuencia, o Consello declara o dereito de acceso á información solicitada e insta o Colexio ao seu envío nun prazo dun mes.
Desconforme coa resolución ditada o Colexio interpón recurso contencioso-administrativo que ten entrada no Consello o 14 marzo de 2019.