49. Concello de Gozón. Información estatística sobre expedientes urbanísticos
RESUMO
Un cidadán solicitou ao Concello de Gozón (Asturias) información estatística sobre expedientes urbanísticos tramitados nesa localidade. Esta solicitude non é atendida a plena satisfacción do interesado, polo que este presenta dúas reclamacións ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno en decembro do ano 2019.
O Concello invoca a existencia de datos de carácter persoal e o carácter abusivo das solicitudes para non achegar a información solicitada. O Consello de Transparencia non considera que concorran as circunstancias expostas polo Concello e procede a estimar as reclamacións.
Fronte á resolución ditada polo Consello, o Concello de Gozón interpón recurso contencioso-administrativo que ten entrada no Consello o 17 de setembro de 2020.