50. Fundación Universidad Oviedo. Información sobre encargos, encomiendas, contratos e investigaciones
RESUMO
Un cidadán solicita á Fundación Universidade Oviedo diversa información sobre os encargos, encomendas, contratos e investigacións que se realizaron a través da Fundación.
Desconforme coa contestación dada á súa solicitude, o interesado presenta unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno en febreiro de 2020. Estudada a reclamación, o Consello estima o seu contido, posto que non considera acreditado suficientemente o feito de que a achega da información solicitada prexudicaría os intereses económicos e comerciais das empresas e entidades concernidas, segundo establece o artigo 14.1 h) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
Fronte á resolución ditada polo Consello de Transparencia e Bo Goberno a Fundación interpón recurso contencioso-administrativo que ten entrada no Consello o 21 de setembro de 2020.