51. Concello de Gozón. Información sobre expediente urbanístico
RESUMO
Un cidadán solicitou ao Concello de Gozón (Asturias) documentación relativa un expediente urbanístico. Esta solicitude non é atendida polo Concello por, entre outras razóns, considerala abusiva e manifestamente repetitiva. Ante esa desestimación, o interesado presenta unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno en xaneiro de 2020.
O Consello de Transparencia estima a reclamación por considerar que se trata de información pública e que non resulta suficientemente argumentada a invocación de límites do artigo 14 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, nin a das causas de inadmisión do artigo 18.
Fronte á resolución ditada polo Consello, o Concello de Gozón interpón recurso contencioso-administrativo que ten entrada no Consello o 21 de setembro de 2020.