Un cidadán solicitou ante a Consellería de Saúde do Principado de Asturias información sobre os resultados das inspeccións sanitarias e/ou hixiénicas feitas en bares, restaurantes, cafetarías, etc., e outros locais de restauración ou alimentación das cidades de Xixón, Oviedo, Avilés e Siero entre xaneiro de 2016 e xuño de 2019.
Transcorrido o prazo para resolver sen obter resposta, o interesado presenta unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno en febreiro de 2020.
O Consello de Transparencia estima a reclamación por considerar que se trata de información pública e que non resulta de aplicación o límite de protección de datos de carácter persoal, sinalado pola administración, do artigo 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, ao vir amparada a publicación das sancións pola Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.
Fronte á resolución ditada polo Consello, o Principado de Asturias interpón recurso contencioso-administrativo que ten entrada no Consello o 23 de decembro de 2020.