59. Acceso ao contido das reunións da Comisión de Ordenación do Territorio e Urbanismo (COTA) do Principado de Asturias
RESUMO
Unha cidadá solicitou á Consellería de Medio Rural e Cohesión Territorial do Principado de Asturias o acceso ao contido íntegro das reunións celebradas pola comisión de ordenación do territorio e urbanismo (COTA), tanto en pleno como en comisión.
Ao non estar conforme coa resposta dada pola administración, a reclamante presenta en marzo de 2021, unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno (CTBG).
O CTBG estima a reclamación e insta á administración a dar información sobre as actas das reunións. No entanto, a posta a disposición en favor da reclamante da documentación establécese que debe realizarse previa eliminación dos datos de carácter persoal referidos a persoas físicas que non forman parte dos órganos de goberno dos organismos involucrados e das opinións a título persoal nas deliberacións, para non prexudicar a confidencialidade no proceso de toma de decisións.
Fronte á resolución ditada polo CTBG a reclamante interpón recurso contencioso-administrativo que ten entrada no Consello o 19 de xullo de 2021.