Se publica o novo Plan de Avaliación para o ano 2021 que incorpora dúas relevantes novidades
O Consello de Transparencia e Bo Goberno presenta o seu Plan de Avaliación para o ano 2021 que incorpora dúas relevantes novidades:
Co fin de estar en condicións de render contas da súa actuación en tempo e forma ante os representantes da cidadanía e, á vez, proporcionar ás Cortes Xerais información recente sobre o grao de cumprimento da lei, adiántase a elaboración da memoria a finais do primeiro trimestre do ano seguinte a cada exercicio.
Por outra banda, decidiuse publicar periodicamente, na web institucional, os informes correspondentes ás avaliacións realizadas, así como as observacións ou comentarios formulados pola entidade avaliada. Con esta publicación anticipada perséguese dotar de maior inmediatez aos resultados da actuación de Consello e conferir maior valor á información xerada, que estará a disposición dos demais suxeitos obrigados, da academia, os medios de comunicación, as organizacións da sociedade civil, e das cidadás e cidadáns interesados nun momento moito máis próximo ao tempo no que se practicou a avaliación.