Memoria do ano 2021
En 2021, o Consello de Transparencia incrementou, respecto de 2020, preto dun 50% os seus informes de avaliación e un 20,75% as súas resolucións
O Consello de Transparencia e Bo Goberno publicou a súa Memoria de Actividades 2021, un documento que reflicte o incremento de actividade rexistrado no Consello respecto do exercicio 2020. Durante 2021, o CTBG contou cun orzamento de 2,39 millóns de euros, un 4,79% máis que no exercicio anterior, e un persoal de 22 empregados, unha cifra que se mantivo desde a súa creación, en 2015.
En 2021, el Consejo de Transparencia y Buen Gobierno recibió 2.490 iniciativas de la ciudadanía, un 31,7% más que en 2020. Del total de escritos recibidos, un 90% (2.245) correspondían a reclamaciones de los ciudadanos frente a resoluciones en materia de acceso a la información pública.
En exercicio da súa función de tramitación e resolución das reclamacións para salvagardar o dereito de acceso á información pública das cidadás e os cidadáns, o CTBG resolveu 1.932 reclamacións (911 no ámbito estatal e 1.021 de ámbito autonómico e local), cifra que supón un incremento do 20,75% sobre os 1.600 expedientes resoltos en 2020.
No que se refire á súa función de avaliación do cumprimento das obrigas de transparencia da LTAIBG, o Consello de Transparencia e Bo Goberno examinou a 239 entidades e organismos públicos, un 49,79% máis que en 2020.
Nestas avaliacións, o CTBG analizou tanto o grao de cumprimento das obrigas de publicidade activa dos suxeitos avaliados, como a xestión realizada por estes en relación coas solicitudes de acceso á información presentadas pola cidadanía. O resultado desta avaliación plasmouse na elaboración e publicación de 432 informes.
Simultaneamente ao desenvolvemento das súas funcións de tramitación e avaliación, o Consello realiza outras actividades derivadas doutras tarefas que ten encomendadas. Entre elas: asesorar e responder as consultas formuladas -tanto polos órganos encargados de tramitar e resolver as solicitudes de acceso á información como aos particulares-, así como emitir informes sobre proxectos normativos estatais ou autonómicos e sobre iniciativas parlamentarias que gardan relación material coa LTAIBG.
No marco desta actividade, en 2021, o CTBG atendeu 86 consultas e 1.283 pedimentos de información sobre distintos aspectos relacionados coa aplicación da LTAIGB. Neste mesmo ámbito de competencia, o Consello emitiu, a pedimento do Ministerio de Política Territorial, 36 informes sobre proxectos normativos autonómicos relacionados co ámbito da transparencia. Tamén elaborou 51 informes relativos a iniciativas parlamentarias presentadas por distintos grupos parlamentarios das Cortes Xerais -28 do Congreso e 23 do Senado- relacionados con aspectos e materias propios da competencia desta Autoridade Administrativa Independente.
No ámbito da formación, durante 2021, o Consello interveu en 44 accións, un 41,90% máis que en 2020 e en canto ás actividades desenvolvidas no marco das súas relacións de cooperación e colaboración institucional, o CTBG realizou durante 2021 un total de 92 actividades, unha cifra que supón un incremento do 29,6%, fronte ao exercicio anterior. O Consello desenvolve esta actividade tanto no sector público como privado e, dentro destes, nos ámbitos internacional, nacional e territorial.