El Consello de Transparencia e Bo Goberno (CTBG) acaba de publicar o informe cos resultados da avaliación do cumprimento das obrigas de publicidade activa de 75 entidades integrantes do Sector Público Institucional.
O informe do CTBG mostra que o grao de cumprimento das obrigas de impostas por Lei de transparencia, acceso á información pública e bo goberno (LTAIB) por parte do conxunto das entidades avaliadas, incrementouse nun 26,5%, respecto do rexistrado na avaliación anterior. En concreto, o índice de 2022 foi dun 51,6%, fronte ao 40,8% de 2021.
Na revisión do cumprimento das recomendacións que o CTBG realizou a estas entidades en 2021, o Informe do Consello constata que foron aplicadas nun 39,3%. O CTBG congratúlase de que as súas indicacións contribuísen a potenciar o cumprimento da Lei de Transparencia. No entanto, para aquelas entidades que aínda non lograron aproximarse ao pleno cumprimento, formúlanse unha serie de recomendacións específicas dirixidas, fundamentalmente, a facilitar aos cidadáns e cidadás a localización, a accesibilidade e a comprensión da información pública.