A quinta sesión do ciclo “Seminarios sobre transparencia e acceso á información”, organizado polo Consello de Transparencia, terá lugar o 3 de decembro co título “Cláusulas de confidencialidade como límite do dereito de acceso á información pública. Unha tripla perspectiva”.
Intervirán no seminario Patricia Font Rodríguez, xefa da Asesoría Xurídica da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC); María Morais Porta, avogada do Estado-adxunta na Avogacía do Estado ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea; e María José Santiago Fernández, presidenta do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade de Madrid. Presentará e moderará a sesión o presidente do Consello de Transparencia e Bo Goberno, José Luís Rodríguez Álvarez.
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno establece que o dereito de acceso poderá ser limitado cando acceder á información supoña un prexuízo, entre outros, para “os intereses económicos e comerciais” (artigo 14.1.h), “o segredo profesional e a propiedade intelectual e industrial” (14.1.j) e “a garantía da confidencialidade ou o segredo requirido en procesos de toma de decisión” (14.1.k).
Na sesión analizarase cal é o alcance das reservas e das cláusulas específicas de confidencialidade como eventual límite (ou modulación) do dereito de acceso á información desde un triplo enfoque: o relativo á información que manexan as autoridades reguladoras en determinados sectores (con referencia particular ao CNMC); o utilizado na xurisprudencia e a normativa europeas; e o concernente ás cláusulas de confidencialidade en contratos do sector público.
O seminario, de modalidade presencial, terá lugar o 3 de decembro ás 17 horas no Auditorio da AIReF (rúa José Abascal, 2. 2º planta. 28003 Madrid). O acceso é libre ata completar aforo previa inscrición en secretaria.consejo@consejodetransparencia.es