No congreso, que terá lugar na Facultade de Dereito da Universidade de Murcia, preto de 300 especialistas en Dereito Constitucional debaterán sobre a transparencia e os dereitos fundamentais, o bo goberno, a rendición de contas e os órganos de control no nivel estatal, o autonómico e local, o europeo, entre outros asuntos.
Rodríguez Álvarez intervén o xoves 12 de marzo ás 17 horas no sesión plenaria do Congreso: un conversatorio moderado por Manuel Medina, da Universidade de Sevilla, no que tamén participarán Ignacio Villaverde, da Universidade de Oviedo, Silvina Bacigalupo, da Universidade Autónoma de Madrid e presidenta de Transparencia Internacional España e Manuel Villoria, presidente da Autoridade Independente de Protección do Informante.
Ademais, o xoves ás 13:15 horas o presidente do Consello participará nunha reunión con outros consellos e comisionados de transparencia.
Patrocinan este encontro, un dos de maior prestixio xurídico de España, ademais do Consello, o Comisionado de Transparencia da Rexión de Murcia, o Goberno da Rexión de Murcia, o Centro de Estudos Políticos e Constitucionais, a Fundación Séneca-Agencia de Ciencia e Tecnoloxía da Rexión de Murcia e a Asemblea Rexional de Murcia.
Toda a información do congreso atópase dispoñible na páxina web da asociación.