Nesta sección podes coñecer aos Grupos de Interese que exercen actividades de influencia no ámbito da Administración Xeral do Estado e o seu sector público institucional e solicitaron a súa inscrición ou están inscritos no Rexistro Estatal de Grupos de Interese.
A través deste buscador atoparás os Grupos de Interese que, en aplicación do disposto no artigo 7 do Real decreto-lei 21/2026, do 25 de agosto, solicitaron a inscrición no Rexistro e, no seu caso, inscribíronse.
O buscador permite ordenar e filtrar entre categorías, incluíndo a data de inscrición e de actualización de cada entidade, as categorías profesionais, o ámbito xeográfico de influencia, o número de persoas implicadas, os ámbitos de interese, os datos financeiros, así como as sancións que adquirisen firmeza ou suspensións recibidas. A información é obxecto de actualización cada quince días.
Nesta sección tamén podes atopar a información en formatos abertos para facilitar a súa consulta e reutilización.