Recurso da Corporación RTVE fronte a Resolución sobre os gastos totais do programa de TV "Gala especial fin de ano 2015"
RESUMO
Un cidadán presentou solicitude de acceso á información dirixida á Corporación RTVE, que tiña por obxecto coñecer os gastos totais do programa de TV "Gala especial fin de ano 2015" desagregado por partidas: persoal, empresas colaboradoras, presentadores, así como do programa posterior ás uvas.
O CTRVE contestou á solicitude de acceso denegando a información por considerala repetitiva e por prexudicar os seus intereses económicos e comerciais. Así mesmo, sostiña que coñecer os salarios dos presentadores afectaría os seus datos persoais. O cidadán presentou Reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno solicitando a entrega da información. Aberto o trámite de alegacións, o CRTVE non presentou conclusións.
O Consello de Transparencia estimou parcialmente a reclamación presentada e considerou que existe prexuízo á privacidade dos presentadores da Gala, como se acordou nunha Resolución previa con parecido contido. Tampouco debe proporcionarse o custo derivado do persoal adscrito á Corporación para ese evento concreto, dado que non é posible desagregar ese concepto ata ese nivel de detalle. No entanto, debe facilitarse o resto da información, xa que non se prexudican os intereses económicos e comerciais do CRTVE nin a solicitude debe considerarse repetitiva.
Tanto á sentenza do xulgado central contencioso-administrativo nº 9 de Madrid como a sentenza en apelación da Audiencia Nacional son desfavorables á resolución do Consello de Transparencia e Bo Goberno, é dicir, non se debe facilitar a información.