Recurso fronte a concesión parcial de acceso a información relativa a estatísticas de transaccións inmobiliarias
Un cidadán presentou solicitude de acceso á información dirixida ao Ministerio de Fomento para acceder a información estatística sobre todas e cada unha das transaccións inmobiliarias desde o ano 2004 ata a actualidade, desagregada por Municipio, Provincia e Comunidade Autónoma.
O Ministerio denegou o acceso, entendendo que esta información estaba suxeita ao segredo estatístico.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna parcialmente, posto que parte da información podería afectar a persoas físicas, sendo de aplicación o límite da protección de datos persoais do articulo 15 da lei de transparencia e non admitindo a existencia de segredo estatístico.