Recurso da AEAT fronte a concesión de acceso a información relativa ao catálogo de postos de traballo
RESUMO
Un cidadán presentou solicitude de acceso á información dirixida á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) para coñecer o catalogo actualizado de postos de traballo ocupados e vacantes de funcionarios na provincia de Valencia
A AEAT denegou o acceso, entendendo que esta información puña en risco a sanción de ilícitos penais ou administrativos na loita contra a fraude, as funcións administrativas de vixilancia, inspección e control e afectaba os datos de carácter persoal.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna, posto que informar as Relacións de Postos de Traballo (RPT) é unha obriga legal que non afecta os datos persoais nin ás funcións administrativas de inspección, vixilancia e control.