85. Paradores de Turismo de España, S.A. sobre información del Parador de León
RESUMO
Unha cidadá presentou solicitude de acceso á información dirixida a Paradores de Turismo de España para acceder ao contido do seu inventario de bens mobles e artísticos, con rexistro das obras de arte, dentro do Hostal San Marcos de León.
Paradores de Turismo non facilitou a información ao entender que facilitar o solicitado afectaría os seus intereses económicos e comerciais, ademais de existir un elevado risco de subtracción dos bens.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna en parte, dado que se ben pode existir o dano invocado pola entidade, existe tamén un interese publico superior que permite dar a información, baseado no dereito constitucional de promoción e tutela da cultura e na esixencia legal de levar un inventario de bens. Elimínase a parte da información que afecta á localización xeográfica e física exacta das obras de arte.