123. Inspección á entidade Banco de Madrid por branqueo de capital
RESUMO
Uns cidadáns presentaron solicitude de acceso á información, dirixida ao Ministerio de Economía e Empresa para ter acceso aos documentos dun expediente da Comisión de Prevención do Branqueo de Capitais e Infraccións Monetarias, como consecuencia dunha visita de inspección a Banco de Madrid, entre abril e maio de 2014.
O Ministerio non contestou á solicitude.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno desestimouna, dado que o procedemento administrativo ao que se pretende acceder está suspendido,é dicir, en curso, por existir litispendencia nun tribunal penal sobre o mesmo asunto, e os reclamantes son interesados no mesmo, sendo de aplicación a Disposición Adicional Primeira da Lei de Transparencia, acceso á información pública e bo goberno.