127. Contrato de transporte de persoal en Barcelona
RESUMO
Un cidadán presentou solicitude de acceso á información, dirixida a RENFE, para coñecer o contido da licitación completa para o transporte de persoal en Barcelona, entre 2016 e 2020.
RENFE comunicoulle que non había constancia da licitación solicitada e que, de existir, dar esa información podería prexudicar os seus intereses económicos e comerciais.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna en parte, dado que a publicación de oficio dos contratos é unha obriga legal derivada da propia Lei de transparencia, acceso á información e bo goberno (LTAIBG) e que non se acreditou o hipotético dano a eses intereses económicos e comerciais.