151. Denegación de acceso á acta de título de procurador dunha persoa
RESUMO
Un cidadán presentou solicitude de acceso á información dirixida ao Ministerio de Xustiza para ter acceso aos contidos da acta do titulo de procurador dos tribunais en favor dunha determinada persoa.
O Ministerio denegou esta solicitude ao entender que non é información publica.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno desestimouna por ser unha solicitude que non encaixa coa finalidade da LTAIBG, xa que non persegue o control da actividade publica, senón indagar na vida profesional dunha persoa, o que podería, ademais, vulnerar o seu dereito á protección de datos persoais.