Unha empresa presentou solicitude de acceso á información dirixida ao Ministerio de Fomento para obter os datos relativos ao accidente do buque Maersk Elba e de dous remolcadores no porto de Valencia, no ano 2017,así como copia da gravación das comunicacións do buque cos remolcadores e co práctico do porto.
A Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (SASEMAR), adscrita ao Ministerio de Fomento, denegou a información argumentando que podería vulnerarse a igualdade das partes nos procesos xudiciais ante unha futura reclamación xudicial e que as gravacións afectan ao dereito á protección de datos persoais.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna en parte, xa que non existe unha demanda xudicial neste momento e, ademais, os datos da gravación de voz solicitáronse dentro das funcións laborais dos empregados actuantes, non dentro da súa esfera privada. No entanto, ínstase a SASEMAR a darlles audiencia e ditar despois unha nova resolución sobre este punto concreto da solicitude.