Un sindicato presentou escrito ante o Ministerio de Xustiza, solicitando acceso aos criterios ou razoamentos seguidos para establecer as “produtividades rotatorias” para as Xerencias Territoriais de Xustiza e as cantidades asignadas a cada unha delas do concepto orzamentario “Incentivos ao rendemento” establecido nos Orzamentos Xerais do Estado, nos anos 2019, 2020 e 2021.
A Administración denegou o acceso por silencio administrativo.
Presentada reclamación, o Consello de Transparencia e Bo Goberno estimouna dado que a doutrina do Tribunal Supremo ditamina que da regulación contemplada no Estatuto Básico do Empregado Publico e na Lei Orgánica de Liberdade Sindical non pode deducirse que talles normas contemplen un sistema de acceso á información pública que deba ser aplicado con carácter preferente á regulación da LTAIBG.