48. Acceso a un expediente do un proceso selectivo
RESUMO
Un cidadán que participou nun proceso selectivo para o ingreso no Corpo de Profesores de Ensino Secundario, convocado pola Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha solicita, en varias ocasións, o acceso ao expediente do seu exame. Desconforme coas respostas dadas ás súas solicitudes presenta unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno en xaneiro de 2020.
Estudado o expediente por parte do Consello de Transparencia, constátase que a administración entregou ao reclamante, entre outros documentos, copia do seu exame, a solución do exame, os indicadores para a corrección, os criterios de actuación e de avaliación, así como a revisión do exame. Á vista diso, o Consello considera que, non procede a estimación das pretensións do reclamante.
Fronte á resolución desestimatoria ditada polo Consello de Transparencia e Bo Goberno o reclamante interpón recurso contencioso-administrativo que ten entrada no Consello o 11 de setembro de 2020.