57. Datos dos altos cargos da Comunidade de Madrid e as súas declaracións
RESUMO
Un cidadán solicitou, ante a Consellería de Facenda e Función Pública da Comunidade de Madrid, diversa información (declaracións de bens, intereses, etc.) correspondente aos membros do Goberno da Comunidade de Madrid e os altos cargos da Administración.
Ao non estar conforme coa resposta dada pola administración, o reclamante presenta en decembro de 2020, unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno (CTBG). A administración consideraba que para achegar a información solicitada existía un procedemento específico, o de acceso ao Rexistro de Bens e Dereitos Patrimoniais de Altos Cargos da Comunidade de Madrid, que determinaba a non aplicación da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno (LTAIBG), en virtude da súa Disposición adicional primeira.
O CTBG estima a reclamación por considerar que para acceder aos datos solicitados non é necesario acceder ao mencionado rexistro e que, en consecuencia, a LTAIBG resulta plenamente aplicable.
Fronte á resolución ditada polo CTBG a Comunidade de Madrid interpón recurso contencioso-administrativo que ten entrada no Consello o 15 de xullo de 2021.