Este novo apartado quere servir de axuda para todas aquelas unidades e persoas que traballan en asuntos relacionados coa transparencia, así como para a cidadanía interesada na materia, ao ofrecer unha selección das nosas resolucións que sistematizan ou fixan criterio do Consello sobre o acceso a información de diversa natureza ou inclúen nova xurisprudencia ou normativa sectorial relevante que afecta ao dereito de acceso á información pública.
Se recollerán tanto resolucións de ámbito estatal como resolucións ditadas en procedementos de reclamación que afectan as Administracións autonómica e local daquelas Comunidades Autónomas que atribuíron ao Consello o exercicio da competencia nesta materia.
En esta sección é posible consultar xa resolucións relevantes que ditamos nos últimos meses. Conforme o Consello vaia emitindo novas resolucións cuxo contido sexa destacado desde o punto de vista doctrinal, iranse agregando a este repositorio. Estas resolucións, xunto ao resto das que dita cada mes o Consello, seguiranse publicando tamén nas seccións habituais da web.