Durante os encontros, celebrados no Consello, intercambiáronse perspectivas sobre os desafíos prácticos que afrontan as institucións garantes, entre eles o significativo incremento de reclamacións en materia de dereito de acceso á información pública e a necesidade de seguir reforzando os mecanismos de coordinación e resposta ante unha cidadanía cada vez máis esixente no exercicio do seu dereito a saber.
También falouse das oportunidades que a tecnoloxía e a IA representan para impulsar a transparencia pública, e, por outra banda, o desafío de garantir a transparencia das aplicacións empregadas pola Administración que utilizan algoritmos e intelixencia artificial.
Estas reunións forman parte da rolda de contactos que a nova Presidencia está a manter cos consellos e comisionados autonómicos de supervisión nestas materias, co obxectivo de reforzar as canles de colaboración e mellorar o servizo que se presta á cidadanía.
O Consello e os órganos garantes autonómicos intégranse na Conferencia de Órganos Garantes da Transparencia e o Dereito de Acceso á Información Pública (COTAI), unha entidade de colaboración horizontal, sen personalidade xurídica, cuxa finalidade é contribuír a fortalecer estes dereitos nos todos os niveis do Estado mediante a realización de actuacións conxuntas.