Na reunión participaron tamén o subdirector xeral de Transparencia e Bo Goberno do Consello, Gonzalo Gómez de Villalobos, e por parte do Comisionado de Transparencia de Canarias, o xefe de Servizo de Avaliación e Control da Transparencia, Miguel Ángel Herrero, e a xefa de Servizo de Reclamacións e Asuntos Xerais, Teresa Casanova.
Durante o encontro, ambas as institucións compartiron propostas para tratar de reducir o silencio administrativo nas solicitudes de información e para axilizar a tramitación das reclamacións en materia de dereito de acceso á información pública. Así mesmo, coincidiron na necesidade dunha maior colaboración e coordinación entre os distintos órganos garantes da transparencia, especialmente na avaliación das obrigas de publicidade activa por parte dos suxeitos obrigados. Neste contexto, púxose en valor o modelo de avaliación desenvolvido en Canarias, considerado un referente a nivel estatal e que se basea na metodoloxía MESTA, desenvolvida polo Consello de Transparencia e a extinta Axencia Estatal de Avaliación de Políticas Públicas e da Calidade dos Servizos Públicos (AEVAL).