Recurso de RENFE OPERADORA, S.A. fronte á estimación do acceso ao Prego de condicións de licitación para a subministración de 15 trens de Alta Velocidade.
RESUMO
Un particular presentou unha solicitude de acceso á información dirixida ao Ministerio de Fomento, que tiña por obxecto coñecer as condicións de licitación para a subministración de 15 trens de Alta Velocidade.
O mesmo particular presentou unha Reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno ao ser denegada a súa solicitude pola Administración, ao entender que se trataba dun procedemento confidencial e restrinxido.
O Consello de Transparencia e Bo Goberno estimou a Reclamación e considerou na súa Resolución que soamente se pode declarar restrinxida a información que afecte os segredos técnicos ou comerciais ou aos aspectos declarados secretos nas ofertas polos empresarios, pero non ao resto da información contida na licitación, que queda sometida ao principio de transparencia.
A sentenza do xulgado central contencioso-administrativo nº 11 de Madrid é desfavorable á resolución do Consello de Transparencia e, por tanto, a facilitar a información