Recurso presentado por Navantia contra resolución do Consello pola que se estimaba o dereito a coñecer as retribucións dos directivos da entidade
A solicitude de información presentada a Navantia tiña por obxecto coñecer as retribucións individualizadas dos membros do Comité de Dirección de Navantia, a indemnización percibida por un ex directivo e o Sistema de Clasificación Profesional do Persoal non directivo de libre designación e non incluído nos convenios colectivos propios de Navantia. A solicitude foi denegada entendendo, nos dous primeiros tipos de informacións, que os interesados non dera o seu consentimento para dar a información persoal que lles afectaba (se ben se proporcionou as retribucións pero non individualizadas) e, no terceiro suposto, que o acceso prexudicaría á igualdade das partes en procesos xudicial e, ademais, que era de aplicación preferente a lei reguladora da xurisdición social.
Na súa resolución, o Consello de Transparencia e Bo Goberno aplicou o seu criterio interpretativo aprobado conxuntamente coa Axencia Española de Protección de Datos relativo ao acceso a retribucións de persoal directivo así como precedentes que foran resoltos polo Consello para considerar que a información retributiva debía darse de maneira individualizada. Respecto do coñecemento da indemnización percibida por un ex directivo, o Consello lembrou a obriga de facer pública esta información en aplicación do art. 8.1 f) da lei de transparencia. Finalmente, non se considerou que a información sobre o sistema de clasificación profesional puidese afectar á igualdade das partes en procesos xudiciais que, en todo caso, non existían no momento da solicitude.