Unha persoa física solicita diversa información relativa a actuacións de inspección dos anos 2010, 2011, 2018 e 2019 referidas a unha empresa láctea que se realizaron co obxectivo de pescudar o foco da contaminación en dous brotes de alertas alimentarias, a do ano 2011 e a do ano 2019. A Administración desestima a solicitude por representar un prexuízo á igualdade das partes nos procesos xudiciais e a tutela xudicial efectiva e concorrer, por tanto, o límite establecido o art. 14.1.f) da LTAIBG.
O Consello estima a reclamación ao non apreciar a concorrencia da circunstancia prevista no artigo 14.1.f) da LTAIBG, dado que a documentación requirida en nada pode afectar á igualdade das partes e á tutela xudicial efectiva respecto dun proceso xudicial en curso que trae a súa causa por uns feitos distintos e posteriores, en concreto do ano 2019.
Fronte á resolución ditada polo CTBG a empresa afectada interpón recurso contencioso-administrativo que ten entrada no Consello o 16 de xuño de 2025.