O portal web do Consello de Transparencia, que constitúe a principal canle de información para a cidadanía sobre a actividade que realiza a institución, fora deseñado en 2015, cando o Consello iniciou a súa andaina, e agora o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) ofreceu unha oportunidade para renovalo en colaboración coa Axencia Estatal de Administración Dixital (Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública), coa que o Consello ten subscrito un convenio para a utilización de solucións e medios tecnolóxicos, entre os que se inclúe o mantemento e administración da súa páxina web.
O proxecto de renovación da páxina do Consello, como o doutras webs institucionais, encádrase na medida 2 ‘Mellora da experiencia de usuario da Cidadanía’ do Plan de Dixitalización das Administracións Públicas 2021-2025 e finánciase a través dos Fondos Next Generation-EU (Compoñente 11 do PRTR).
Un deseño máis sinxelo e claro
La nova web do Consello ofrece un deseño máis claro e sinxelo para mellorar a experiencia de navegación, a usabilidade e a accesibilidade; á vez que resulta máis coherente visualmente coa nova identidade corporativa da autoridade independente adoptada en 2024. O deseño responsive da web permite a súa consulta de forma óptima en calquera tipo de dispositivo.
En cuanto a os contidos, reorganizouse a estrutura do portal para permitir localizar con máis facilidade a información e reflectir mellor as dúas principais áreas de actividade que desenvolve a institución: a tutela do dereito de acceso á información pública e a avaliación do cumprimento da lei de transparencia. Estas dúas áreas pasan a ter apartado propio no menú principal da web.
También introdúcense melloras nalgunha das seccións máis visitadas da web, como as resolucións das reclamacións en materia de acceso á información pública, na que se incorpora unha visualización por pestanas segundo o sentido da resolución.
Desde o Consello imos seguir traballando para mellorar os contidos, a comprensibilidade e a usabilidade da web co fin de servir mellor á cidadanía. Neste sentido, un dos compromisos incluídos no borrador do V Plan de Goberno Aberto de España 2025-2029 é a incorporación dun motor de procura que facilite a localización das resolucións, un elemento que, cando estea implantado, redundará sen dúbida na utilidade da páxina para os usuarios.
Recordamos aos usuarios que poden facernos chegar as súas propostas de mellora da web a través deste correo: web@consejodetransparencia.es